sábado, 20 de octubre de 2012

Introducción á Documentación Informativa


A DOCUMENTACIÓN

Os documentos son a base da transmisión do coñecemento, para o seu tratamento e difusión desarróllase a documentación.
A documentación é a resposta ás necesidades de información que caracteriza a actividade científica nos nosos días. A través do proceso documental ponse ao alcance do xornalista toda a información sobre a materia do obxeto da súa investigación.

Evolución e Desarrollo

A documentación ten a súa orixe na Bibliografía.
A medida que a Bibliografía vaise desarrolando impulsada polas necesidades que orixina o coñecemento científico e a abundancia de libros, faise necesario instrumentar novos métodos que os den a coñecer, orienten sobre o seu contido e, a ser posible, indiquen como localizalos.
A evolución da documentación a través da bibliografía vai a realizarse en etapas sucesivas marcadas polo alcance científico ata lograr que esta apareza reflexada nos principios documentais como unha máis de esta ciencia.

Fontes de Información na Cadena Documental

·         Búsqueda e Localización
·         Selección e Adquisición
·         Análise Documental
·         Almacenamento
·         Difusión

Diferenza entre xornalista e documentalista

Actualmente, o mundo do xornalismo sofre uns cambios revolucionarios que converten ao xornalista narrador de acontecementos en xestor da información. Seguindo un proceso de ruptura coa realidade aparente, que se iniciou coas vanguardias artísticas de principios do século XX e que tamén se reflectiu no mundo científico, chega a revolución tecnolóxica, encabezada pola aparición de Internet e das novas tecnoloxías, que cambian o modelo de comunicación existente. Internet, como novo instrumento de traballo, ten unhas características propias: a actitude activa do receptor da información, a posibilidade de obter múltiples puntos de vista, a complexidade como valor positivo e o enlace como ferramenta de traballo crave. Como resultado desta revolución, o xornalista desempeña funcións comúns co documentalista, dado que ambos xestionan a información, e fai falta un bo entendemento entre os dous colectivos co fin de recoller o mellor de ambas tradicións.

O xornalismo dixital

Nos últimos anos  vimos presenciando unha marcha imparabe na xestión dos procesos informativosnos medios dixitais a través de internet e concretados na proliferación de sedes web forxadas polos medios de comunicación.

Carácterísticas dos medios dixitais:

  • Información actualizada e multimedia.
  • Presenza de tres profesionaisda información: xornalista, documentalista e experto en contidos.
  • Triple caracterización e novos valores da información: Espazos informativos, publicitarios e de servizos pagados.
  • Personalización e participación do receptor.
  • Aportación maior da documentación.
  • Os xornais dixitais, verdadeiras fontes potenciais de documentación.
  • Novos mercados de información: archivos, bases de datos xornalísticas.
  • Interacidade, Sistema integrado, Rentabilidade social, Economía
  • Audiencia elevada.
  • Ventanilla única de información e documentación.
  • Multidisplinariedade dos equipos.
  • Inteligibilidade.
  • Facilidade de recuperación
  • Actualización permanente dos servizos.


Servicios documentais de valor engadido

·         SERVIZOS DE ACCESO Á INFORMACIÓN RETROSPECTIVA
-       Bases de datos de noticias
-       Arquivos de axencias de noticias
-       Hemerotecas
-       Fototecas
-       Arquivos sonoros e audiovisuais

·         SERVIZOS DE ACCESO Á INFORMACIÓN DE ACTUALIDADE
-       Producción de resumos
-       Titulares
-       Seguimento de noticias
-       Servizo de alerta de noticias
-       Suscripción de noticias ( personalización da información)

·         SERVIZOS DE INFORMACIÓN REFERENCIAL
-       Directorio de recursos dixitais
-       Bases de datos documentais
-       Anuarios
-       Diccionarios bibliográficos
-       Datos estatísticos
-       Outras fontes de referencia.


Mapa contextual


BÚSQUEDA E LOCALIZACIÓN DOS ELEMENTOS

SELECCIÓN E ADQUISICIÓN

ANÁLISIS DOCUMENTAL


DESCRIPCIÓN BIBLIOGRAFICA  CLASIFICACIÓN   INDIZACIÓN  CONDENSACIÓN

ALMACENAMENTO

DIFUSIÓN DA INFORMACIÓN

Conclusión:  Cunha simple ollada ás principais páxinas dos xornais , vámonos decatar da presenza dunha serie de valores engadidos que van convertindo aos medios sucesivamente en auténticos portais de información multiforme e multivariada a maneira de ventanilla única para moitos cidadáns.

BIBLIOGRAFÍA
José López Yepes: La sociedad de la documentación , Madrid, Fragua, 2011
José López Yepes: Fundamentos de información y documentación Madrid, EUDEMA, 1989-1990
Gloria Carrizo, Pilar Irueta- Goyena, Eugenio López de Quintana: Manual de fuentes de información, Zaragoza, CEGAL, 2000